Coa implantación do Espazo Europeo de Educación Superior, o ensino e a aprendizaxe en linguas estranxeiras cobra especial relevancia. Para promocionar o coñecemento e o uso de idiomas cos que responder con eficacia aos retos dunha sociedade globalizada e culturalmente diversa, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo oferta a partir do curso 2017-2018 un plan de internacionalización de docencia en inglés.
O plan de internacionalización consiste nunha oferta estruturada de materias en inglés dirixida tanto á captación de estudantado internacional como á internacionalización do alumno propio de modo que, o estudante de intercambio pode cursar polo menos un cuadrimestre completo en inglés e o alumnado propio pode cursar polo menos 10 materias do grao en inglés.
O plan comeza no curso 2017/18 finalizando a súa implantación no curso 2019/2020:
(V09G290V01) Grao en Enxeñaria da Enerxía | ||||
---|---|---|---|---|
Código | Contido | Tipo | ECTS | Cuadrimestre |
G290101 | Expresión gráfica: Expresión gráfica - Graphic expression: Graphic expression | FB | 6 | 1SG |
G290301 | Electrotecnia - Electrotechnology | OB | 6 | 1SG |
G290306 | Física: Sistemas térmicos - Physics: Thermal systems | FB | 6 | 1SG |
G290305 | Mecánica de fluídos - Fluid mechanics | OB | 6 | 1SG |
G290707 | Xestión da enerxía eléctrica - Electrical energy management | OP | 9 | 1SG |
G290203 | Informática: Estatística - IT: Statistics | FB | 6 | 2SG |
G290401 | Xeomática - Geomatics | OB | 6 | 2SG |
G290601 | Recursos, instalacións e centrais hidráulicas - Hydraulic resources, installations and hydro-power plants | OB | 6 | 2SG |
G290801 | Proxectos - Projects | OB | 6 | 2SG |
G290608 | Motores e turbomáquinas térmicas - Thermal engines and turbo-machines | OB | 6 | 2SG |
(V09G310V01) Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos | ||||
---|---|---|---|---|
Código | Contido | Tipo | ECTS | Cuadrimeste |
G310101 | Expresión gráfica: Expresión gráfica - Graphic expression: Graphic expression | FB | 6 | 1SG |
G310301 | Electrotecnia - Electrotechnology | OB | 6 | 1SG |
G310302 | Física: Sistemas térmicos - Physics: Thermal systems | FB | 6 | 1SG |
G310305 | Mecánica de fluídos - Fluid mechanics | OB | 6 | 1SG |
G310701 | SIX e ordenación do territorio - GIS and land management | OB | 6 | 1SG |
G310203 | Informática: Estatística - IT: Statistics | FB | 6 | 2SG |
G310401 | Xeomática - Geomatics | OB | 6 | 2SG |
G310631 | Recursos, instalacións e centrais hidráulicas - Hydraulic resources, installations and hydro-power plants | OB | 6 | 2SG |
G310802 | Proxectos - Projects | OB | 6 | 2SG |
G310601 | Xestión de obras e replanteos - Construction management and on-site layout | OB | 6 | 2SG |
Curso 2017-2018 | Curso 2018-2019 | Curso 2019-2020 |
- A matrícula (prazos, procedementos, etc.) é igual que o dunha materia ordinaria.
- Todos os créditos (grupos A, B e C) das materias que forman parte deste programa impartiranse completamente en lingua inglesa.
- A guía docente da materia, así como o material docente (transparencias, apuntamentos, etc.) e de avaliación (exames, problemas, etc.) deben estar redactados en lingua inglesa.
- O alumnado debe realizar todas as actividades (exames, presentacións, traballos, etc.) en lingua inglesa.
- O centro non esixe un nivel oficial de coñecemento de lingua inglesa para poder matricularse nestas materias, pero recomenda que os alumnos que opten por participar teñan un nivel B1 ou equivalente.
- Os profesores das materias ofertadas foron acreditados mediante exames oficiais para impartir docencia en inglés.
- Ademais, o plan de internacionalización lingüística da Universidade de Vigo contempla os seguintes recoñecementos para incentivar a participación dos alumnos nestes programas:
- Subvención parcial das taxas do primeiro exame de acreditación dun dos niveis do MCERL no Centro de Linguas da Universidade de Vigo.
- Prioridade nas convocatorias de mobilidade internacional do alumnado nos casos de igualdade de puntuación tras a aplicación do baremo correspondente a cada convocatoria.
- Prioridade na participación en programas de dobre titulación internacional.
- Recoñecemento da docencia bilingüe recibida no expediente académico e/ou no suplemento europeo ao título.
- Accións de apoio para a formación lingüística do alumnado, por exemplo cursos no estranxeiro, ou cursos específicos sobre metodoloxías de aprendizaxe e de linguas estranxeiras no ámbito da súa titulación.
RESPONSABLE DO PLAN DE INTERNACIONALIZACIÓN:
José Santiago Pozo-Antonio
Coordinador de relacións externas e mobilidade
+34 986 814 077 (Despacho)
+34 986 130 211 (Laboratorio 1.03 do MTI)
(martes e xoves: 10.00-13:00 no despacho 3 de Dirección)