Un dos nosos obxectivos é espertar a curiosidade e involucrar á cidadanía a través de actividades de divulgación e difusión baseadas en contidos documentados polo profesorado da EME cunha linguaxe rigoroso pero próximo.
Para facer accesible o coñecemento científico á sociedade en xeral e aos alumnos de Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional en particular, a Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía ofrece un conxunto de actividades cuns contidos asociados á enerxía, os materiais e o medio ambiente, temas todos eles relacionados de forma directa cos graos que se imparten no noso centro: O Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e o Grao en Enxeñaría da Enerxía.