
Este concurso vai destinado ao alumnado de terceiro e cuarto da ESO, de bacharelato e de ciclos formativos. Poñerase a proba o seu enxeño e creatividade, e reforzaranse os estándares de aprendizaxe dos currículos de terceiro e cuarto da ESO, e de primeiro e segundo de bacharelato, relacionados coa hidráulica, pneumática, circuítos e automática.
Os/As concursantes deberán construír unha maqueta dunha instalación na que se manifeste a busca desta eficiencia enerxética. Poderán presentar maquetas de:
- Vivendas eficientes
- Centrais e plantas de enerxías renovables, como eólica, hidráulica, xeotérmica etc.
DATAS DO CONCURSO
- Data límite de inscrición: 01/02/2020 ás 20.00 h.
- Data límite de confirmación: 20/05/2020
- Data da competición: 05/06/2020
XURADO
- Un/unha especialista no ámbito da enxeñaría da enerxía
- Dous membros/as do Persoal Docente e Investigador da Universidade de Vigo
- Un profesor/a de bacharelato
- Dous alumno/as (un/a por grao impartido na EME).
PREMIOS
- Primeiro premio: diploma e cheque por un valor de 300 € para o centro educativo.
- Segundo premio: diploma e cheque por un valor de 150 € para o centro educativo.
Cada participante recibirá un agasallo.
CONTACTO