
A este concurso poderanse presentar curtametraxes cunha temática que xirará arredor da enerxía, no sentido máis amplo. A modo de exemplo:
- Uso da enerxía no día a día, no ámbito cotián.
- Procesos de xeración, transporte, distribución e uso da enerxía.
- As fontes e os recursos enerxéticos convencionais e renovables.
- Problemas e retos aos que se enfronta a sociedade coa transición ecolóxica.
Pódense, polo tanto, presentar curtametraxes que teñan como tema central a enerxía, pero desde diferentes puntos de vista: consumo, social, industrial, medioambiental etc.
DATAS DO CONCURSO
- Data de recepción: 20/03/2020 ás 20.00 h.
- Exhibición e entrega de premios: 20/05/2020
XURADO
- Un/unha profesional do ámbito do cinema
- Un/unha docente do Grao en Enxeñaría da Enerxía
- Membro/a do persoal de Administración e Servizos
- Dous alumno/as (un/a por grao impartido na EME)
PREMIOS
- Primeiro premio: Un diploma e un cheque de 300 €
- Segundo premio: Un diploma e un cheque de 150 €
Cada participante recibirá un agasallo.
CONTACTO