EME-minerais exponse como unha actividade para a difusión da mineraloxía, así como a colección de minerais da EME, potenciando a súa relación cos obxectos e actividades cotiás, usando para iso a canle da internet e as redes sociais.
Recentemente, a EME foi receptora dunha doazón por parte dos herdeiros do Dr. Manuel de Sas de la Encina dun conxunto de minerais de valor incalculable que, xunto con outras pezas recibidas de forma altruísta por coleccionistas privados ao longo do tempo, adquisicións da Escola e outras moitas recollidas polo alumnado en diversas saídas ao campo, conforman a actual colección de minerais da EME.
Nesta sección da web presentarase unha peza da colección acompañada dun pequeno texto onde, ademais das características do mineral, achegarase información sobre os seus usos e algunhas curiosidades.
Se estades interesados en visitar a colección de minerais Don Manuel de Sas de la Encina, de forma totalmente gratuíta, contactade con nós en ou nos teléfonos 986 814 077 e 986 812 205.