España consume máis de 11 toneladas de árido habitante/ano, superando o índice dos países máis desenvolvidos. Nos próximos anos vanse a construír máis de 2.100 km de túneles en Europa. Máis de 500 km corresponden a España. Crearanse medio millón de postos de traballo. España ten unha das maiores infraestructuras subterráneas para o transporte público e o aproveitamento hidráulico, exportando a todo o mundo a moderna tecnoloxía de operación na construcción de túneles e galerías que tradicionalmente manexan os Enxeñeiros e Enxeñeiras de Minas. Por outra banda, España é o primeiro productor mundial de lousa; o segundo productor mundial de mármore; o segundo productor mundial de celestita; o terceiro productor mundial de pedra natural; o único país europeo productor de sulfato sódico; o primeiro productor europeo de granito; o segundo productor europeo de fluorita; España conta có 70% das reservas mundiais de sepiolita e coas reservas máis grandes de Europa de arena de feldespato. Así mesmo o 70% dos núcleos urbanos abastécense de augas subterrás. O valor medio do consumo doméstico se encóntrase próximo aos 170L/hab./día. España factura 850 millóns de euros en augas minerais. O Enxeñeiro e a Enxeñeira da EME por tradición está presente en todos estes procesos de prospección e explotación.
CAMPOS DE TRABALLO
- Túneles e obras subterráneas.
- Explosivos e voaduras.
- Industrias extractivas: granito, lousa, arxilas etc.
- Xeotecnia e cimentacións.
- Industria do petróleo.
- Integración paisaxística. Movemento de terras, restauración de noiros, espazos degradados.
- Riscos xeolóxicos e ambientais. Prevención e corrección.
- Hidroxeoloxía. Prospección e xestión de augas subterráneas.
- Cartografía, teledetección e GPS.
- Prospección e investigación de recursos xeomineiros.