A desigual correlación mundial entre fontes de enerxía e consumo enerxético afecta extremadamente ao noso país, cuxo progreso está orixinando un incremento do consumo enerxético cada vez máis elevado. Se a iso engadimos as demandas sociais de acceso á enerxía, garantía de abastecemento e custodia do medio ambiente é evidente que se requiren cambios estratéxicos na política enerxética española. Neses cambios os Enxeñeiros e as Enxeñeiras da EME xogan un papel predominante.
CAMPOS DE TRABALLO
- Combustibles convencionais: gas, petróleo, carbón, etc.
- Aforro e eficiencia enerxética. Coxeneración.
- Centrais térmicas e hidroeléctricas.
- Novas tecnoloxías enerxéticas. Biocombustibles, pilas de combustible, etc.
- Recursos enerxéticos: enerxía solar, biomasa, residuos sólidos urbanos, enerxía eólica, recursos hidráulicos etc.
- Xeración, transmisión e conversión da enerxía térmica. Xeración, transporte e utilización da enerxía eléctrica.