Queremos seguir en contacto con todo o estudantado que pasou por esta escola e manter un vínculo coa Universidade ofrecendo informacion de interese para os egresados: ofertas de emprego, novidades, posgraos, cursos, xornadas, ponencias, seminarios, publicacións, actividades culturais, etc. En resumo, un lugar de encontro de información e vínculo de unión entre antigos alumnos pero tamén cos que actualmente están cursando a súa formación na escola.
Poderás recibir toda a información e estar en contacto con nós e cos teus compañeiros a través de:
- Date de alta na nosa Lista de Distribución de Egresados completando o teu correo e contrasinal.
- Faite membro en linkedin dos Antiguos Alumnos Escuela de Ingeniería de Minas y Energía e localiza e contacta aos teus compañeiros de clase.
- Cubre e envía a ficha adxunta a para unirte e/ou acualizar a base de datos elaborada pola escola.
- Entérate de todas as novidades da escola e do sector unindote ás nosas redes sociais:
Outra información dispoñible na web da EME
Ofertas de emprego
Noticias e avisos
Orlas
Estudos e Informes
Informe Inserción Laboral 1992-2017
O martes 6 de xuño de 2017 na Aula de Grao da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía presentouse o informe “Estudio de la inserción laboral de los egresados de la Escuela de Ingeniería de Minas y Energía. 1992-2017” elaborado pola dirección da escola en base á enquisa realizada aos egresados da mesma. O obxectivo é dispoñer de información veraz, contrastada e actualizada sobre o emprego e a inserción laboral dos nosos egresados a efectos de planificar axeitadamente as liñas de actuación a seguir polo centro.
Informe Inserción Laboral 1992-2017
Estudo de Xénero na EME
O xoves 12 de xuño do 2014 tivo lugar a II Xornada Universitaria Galega en Xénero, organizada polas unidades de igualdade das tres universidades galegas. Un grupo de profesoras da EME da Universidade de Vigo, coa colaboración das egresadas da EME dende a súa creación (Promocións 1997-2013) presentou un estudo sobre a presenza das mulleres nos estudos de Enxeñaría de Minas, comparativamente a outras enxeñarías, así como o grao de dificultade das egresadas para desenrolar a súa actividade profesional neste campo.