
QUÉ É MEET-EME?
O programa MEET-emE é un programa de mentoría onde o alumnado da escola exerce de mentor/a co alumnado de primeiro ano. Ao longo dun ano académico o mentor/a axuda ao novo/a estudante a incorporarse ao mundo universitario. É unha parte fundamental do MEET-UVigo. Para poder desenvolver este labor os e as estudantes mentores reciben unha formación intensiva en competencias transversais.
QUE FORMACIÓN RECIBE UN MENTOR/A?
O/a mentor/a para desenvolver o seu labor recibe unha formación intensiva de 58,5 horas sobre as seguintes competencias transversais:
- Competencias de titorización: mentoría.
- Competencias intrapersoais: autocoñecemento, xestión emocional e intelixencia emocional.
- Competencias interpersoais: liderado, traballo en equipo, intelixencia social e motivación e comunicación.
- Competencias instrumentais: métodos e xestión do tempo.
EN QUE CONSISTE A LABOR DE MENTOR/A?
Durante un ano académico o/a mentor/a é responsable dun equipo de aproximadamente 5 novos/as estudantes. As sesións de mentoría, que supoñen 41,5 horas, axudan a que o alumnado desenvolva as competencias necesarias para afrontar os desafíos de estudar unha carreira.
O mentor/a mellora en capacidades como as relacionadas coa xestión, responsabilidade, implicación, autonomía, motivación ou creatividade e aprende a solucionar conflitos.
A aplicación das competencias transversais fai que o mentor/a teña unha bagaxe en consonancia cos requirimentos do mercado laboral.
QUÉ TITULOS COOPERAN?
- Enxeñaría de Tecnoloxías da Telecomunicación.
- Linguas Estranxeiras.
- Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos.
- Enxeñaría da Enerxía.
- Química.
- Economía.
-
Ciencias do Mar.
A UNIVERSIDADE DE VIGO RESPALDA
O proxecto está apoiado pola Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria; e a Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado.
O PROFESORADO INVOLÚCRASE
No programa MEET-Uvigo colaboran voluntariamente 22 docentes de diferentes áreas de coñecemento que recibiron unha formación especializada en soft skills.
QUÉ REQUISITOS EXISTEN PARA SER MENTOR/A?
Dado que non hai capacidade de ofrecer esta oportunidade de formación a todo o alumnado da escola, farase unha selección entre os que manifesten interese en participar no programa. As condicións básicas son:
- Ser alumno/a da escola e ter intención de continuar estudos o próximo curso na escola.
- Ter dispoñibilidade para participar na fase de mentoring (non a terás, por exemplo, se vas participar nalgún programa de mobilidade -Erasmus, ISEP, Séneca ...- no curso 2019-20).
- En caso de necesidade podería recorrerse a unha entrevista persoal de selección.
ONDE APUNTARSE?
Xunto cos mentores actuais darase unha charla informativa o mércores 24 de abril de 2019 ás 13h na aula M212.
Se desexas inscribirte debes cubrir este breve formulario (MEET-EME 2019-20) antes do 17 de maio de 2019. Comunicarásevos persoalmente o resultado da selección antes do 24 de maio.
Se desexas máis información sobre o programa, en xeral, ou sobre calquera dos seus aspectos, podes dirixirte ao equipo de coordinación do MEET-emE da escola: Ángeles Saavedra, Eduardo Liz e Itzíar Goicoechea ().