fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Xornada "A minaría, motor do desenvolvemento social'

Lugar: Edificio CINC, Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)
Data: 25 de setembro de 2019

Invitámoste a asistir á xornada 'A minaría, motor do desenvolvemento social' que se celebrará o vindeiro 25 de setembro en Santiago de Compostela.

Minaría Sostible de Galicia e a Confederación Nacional de Empresarios de la Minería y la Metalurgia (Confedem) organizan este foro de reflexión sobre o potencial das reservas de minerais en Galicia e o seu uso en beneficio do desenvolvemento e do benestar, co obxectivo de achegar a importancia do sector extractivo para a sociedade.

O encontro, que se encadra dentro dos actos programados para o Minerals Day (Día Europeo dos Minerais), desenvolverase en forma de mesas redondas co fin de poñer en común as voces e opinións dos participantes provintes de diferentes ámbitos económicos e sociais.

Inscríbete

 

Programa:

  • 09:00 horas: Inauguración
  • 09:15 horas: Mesa redonda. O sector mineiro en Galicia
  • 10:45 horas: Pausa café
  • 11:15 horas: A minaría e o desenvolvemento social
  • 12:45 horas: O futuro da minaría sostible
  • 14:20 horas: Peche

Consultar o programa completo