fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

II Xornadas "O talento feminino SUMA: 1ª Xornada"

1ª xornada: Muller e mercado laboral: loitando contra as desigualdades

Lugar: Edificio Miralles, Campus de Vigo
Data: 24 de setembro de 2019
Hora: 10.00 h

 

A Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo, en colaboración co Instituto da Muller e a Igualdade de Oportunidades, organizan a xornada O talento feminino SUMA, co seguinte programa:

Sesión de mañá:
10.00 - 14.00 Conferencia e mesa redonda
Lugar: sala I do edificio Miralles

A conferencia inaugural, ás 10.15 horas, corre a cargo da catedrática da Universidade de Vigo Coral del Río e leva por título Segregación por razón de xénero no mercado laboral: causas e consecuencias.
A mesa redonda, Loitando contra as desigualdades: programas de emprego e emprendemento para mulleres, arrancará ás 12.15 horas e estará moderada por Carla Reyes Uschinsky, presidenta de executivas de Galicia.

Sesión de tarde:
15.30 - 19.30 Obradoiro Elevator Pitch: quen es en 90 segundos
Lugar: salas I e IV do edificio Miralles

Programa completo