fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

15 cursos de balde para mellorar as competencias dixitais da comunidade universitaria

Abordarán temas como programación, deseño, impresión 3D ou cálculo científico

Máis aló a formación estritamente académica, o mundo laboral esixe unha serie de competencias complementarias que non se adoitan adquirir na formación regrada. Para poñer este tipo de coñecementos ao alcance da comunidade universitaria, a Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria e o Consello Social estrean o programa formativo e-destrezas, que comprende 15 cursos de contidos diversos que teñen como finalidade última o desenvolvemento e mellora das competencias dixitais da comunidade universitaria.

20190916

Estes cursos están abertos tanto ao alumnado como ao persoal docente como de administración e son todos de balde, con duracións que van entre as 10 e as 50 horas. Dende a Vicerreitoría sublíñase que “a adquisición de competencias dixitais é unha necesidade e unha esixencia dos actuais sistemas de ensino universitario no marco da Europa do coñecemento e a Universidade de Vigo debe responder a novas expectativas, como a aprendizaxe ao longo da vida, o desenvolvemento de habilidades multidisciplinares e as competencias no uso e manexo da información”. 

Ler a noticia completa no DUVI