fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

A Universidade lidera un proxecto europeo de xestión de infraestruturas que facilita a resposta rápida a eventos extremos

Aglutina a 15 socios de sete países

Crear un sistema europeo de xestión de infraestruturas capaz de deseñar, validar e establecer métodos, estratexias, ferramentas e intervencións técnicas para aumentar de xeito significativo a resistencia e a seguridade da rede de estradas e de infraestruturas ferroviarias ante circunstancias adversas ou eventos extremos, desde inundacións ata secas, incendios forestais, terremotos ou corrementos de terra. Este é o gran obxectivo de Safeway, o primeiro proxecto europeo da convocatoria H2020 liderado pola Universidade de Vigo e no que se aglutina a 15 socios de sete países.

A Universidade lidera un proxecto europeo de xestión de infraestruturas que facilita a resposta rápida a eventos extremos
Ler máis...

78 novos profesionais do eido mineiro e da enerxía culminan os seus estudos

Acto de graduación dos graos e mestrados da EME no Teatro Afundación

Para algúns será un punto e aparte e para outros un punto e seguido, pero para todos eles e elas o acto de graduación foi unha festa, o fin dunha etapa ben como estudantes de grao ben como alumnos de mestrado. En total, 78 novos egresados e egresadas da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía recibiron os seus diplomas e bandas no derradeiro acto de graduación do campus de Vigo neste curso 2017-2018.

En total graduándose 48 estudantes da quinta promoción do grao en Enxeñaría da Enerxía, 15 da quinta promoción do grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos, 13 da terceira promoción do mestrado en Enxeñaría de Minas e dous do mestrado en Xeoinformática.

78 novos profesionais do eido mineiro e da enerxía culminan os seus estudos
Ler máis...

Elena Alonso asume a dirección da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Tras obter o respaldo maioritario da xunta de escola do centro

Elena Alonso Prieto, profesora titular da Área de Explotación de Minas, foi elexida este mércores -28 votos a favor, 1 abstención e ningún en contra- nova directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía substituíndo no cargo á profesora María Araújo, que exercía como directora en funcións tras asumir Natalia Caparrini, a anterior directora, o cargo de vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria.

Xunto a Alonso Prieto completan o novo equipo directivo do centro a profesora María Araújo, como subdirectora de Planificación e Organización Académica; David Patiño, como subdirector de Infraestruturas; José Santiago Pozo, como subdirector de Relacións Externas e Mobilidade, e Ángeles Saavedra, como secretaria.

Elena Alonso asume a dirección da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Ler máis...

Unha nova e sostible vida para a canteira de Richinol

O I Premio de Restauración Sostible de Espazos Mineiros xa ten gañadores

Elena Domínguez, Xoel González e Víctor Lago, estudantes da Universidade de Vigo, conforman o equipo gañador do I Premio de Restauración Sostible de Espazos Mineiros, un certame convocado pola Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, que ten como finalidade darlle unha nova vida a unha canteira en desuso, neste caso á canteira de Richinol, preto de Melide.

Esta semana o xurado do concurso, formado por técnicos da propia empresa ARE, propietaria da canteira, profesionais da restauración, docentes do campus e alumnos dos graos de Enxeñaría da Enerxía e Enxeñaría de Recursos Mineiros e Enerxéticos, deu a coñecer o seu veredicto.

Unha nova e sostible vida para a canteira de Richinol
Ler máis...

A Universidade mobiliza as mulleres tecnólogas para incrementar o número de alumnas nas titulacións de enxeñaría

O alumnado feminino de novo ingreso non superou este curso o 20% nos sete centros

A brecha de xénero que existe nas carreiras técnicas e que non fai senón agrandarse nos últimos anos, afecta por igual a todas as titulacións do ámbito da enxeñaría que se imparten nos tres campus da Universidade de Vigo.

Co obxectivo de reverter unhas cifras que sitúan a presenza de alumnado feminino de novo ingreso este curso nos sete centros nos que se imparten titulacións de enxeñaría nun 19,7% e unificar as accións que as escolas están a realizar illadamente para captar alumnas, a Universidade de Vigo pon en marcha IREI, Inspirando ás Rapazas para Estudar Enxeñería.

A Universidade mobiliza as mulleres tecnólogas para incrementar o número de alumnas nas titulacións de enxeñaría
Ler máis...