Breve CV
Enxeñeiro Industrial pola Universidade de Vigo (especialidade Eléctrica con Intensificación en Automática e Electrónica), Doutor en Enxeñaría Térmica pola Universidade de Vigo. A súa actividade privada centrouse principalmente na de Programador de Sistemas Informáticos de Xestión para empresas do sector naval e no desenvolvemento do Exercicio Libre da Profesión durante preto de 10 anos. Tamén se viñeron realizando os labores de Asesor Técnico en IBR Consulting e a Dirección Técnica de IDi Enerxía, empresa dedicada á Simulación Enerxética de Edificios e as súas Instalacións. Desde 2016 é Profesor Titular de Universidad ainda que impartiu docencia universitaria desde 2006. Os seus intereses de investigación son os métodos numéricos para a modelización dinámica de procesos enerxéticos. É coautor de máis de 50 publicacións (artigos, traballos en congresos, capítulos, libros, documentos científico-técnico restrinxidos) e participante en proxectos de investigación e contratos con empresas. Dirixiu dúas Teses Doutorais e máis de 30 traballos de estudantes (Traballos Fin de Máster/Traballos Fin de Grao/Proxectos Fin de Carreira).