Co obxectivo da celebración do día 8 de marzo, día internacional das mulleres, na EEME celebramos unha serie de actividades. Entre elas, lanzamos o primeiro concurso de fotografía MULLE.RME 2019, co cal buscamos dar visibilidade á muller nas actividades relacionadas coa profesión de enxeñaría de minas e enerxía: xeración, transformación, transporte e uso da enerxía, enerxías renovables, explotación de minerais e rochas, túneles e obras subterráneas, restauración de espazos mineiros, avaliación de impacto ambiental, fabricación e uso de materiais, explosivos, etc.
MULLE.RME 2019
As persoas interesadas poden enviar as súas fotografías antes do 27 de febreiro (23:59 horas) a . Consulta as bases deste concurso fotográfico.

DATAS DO CONCURSO
- DATA DE RECEPCIÓN: 27/02/2019
- DATA FALLO XURADO: 28/02/2019
- DATA ENTREGA PREMIOS: 08/03/2019
- PARTICIPANTES: Libre
XURADO
- Fotógrafo/a profesional:
- Persoal docente de cada unha das titulacións da EEME
- Persoal de administración e servizos
- Representante da Unidade de Igualdade
- Alumnado
PREMIOS
- Primeiro Premio: Cámara reflex valorada en 300€
- Segundo Premio: Mochila fotográfica valorada en 50€
- Terceiro Premio: Palo selfie valorado en 30€
A inauguración da exposición e a entrega de premios terán lugar o venres 8 de marzo de 2019 ao longo da mañá na celebración do Dia internacional das mulleres no vestíbulo da Escola de Enxeñaria de Minas e Enerxía.
GAÑADORAS
- PRIMEIRO PREMIO: Ana García
- SEGUNDO PREMIO: Tania Cotelo Vila
- TERCEIRO PREMIO: Nuria Pereira Pinto
A EEME únese ao festexo do Día Internacional das Mulleres, 8M. Para conmemoralo, entregáronse os premios do concurso fotográfico MULLE.RME 2019. Recursos mineiros e enerxéticos paras todos e todas.