Anualmente celebrase a Feira de Minerais de Santiago de Compostela. Este ano 2019 a EME participa nela mediante a actividade titulada “Mineral Tales” o día xoves 28 de febrero ás 10.15 horas. Está dirixida ao público xeral e ten como fin amosar os minerais dende outro punto de vista diferente ao coleccionismo. Os minerais e por extensión, as rochas que os conteñen son o resultado de procesos naturais de dimensións extraordinarias pouco coñecidos pola poboación. Amósanse historias curiosas sobre minerais coñecidos que en moitos casos poden sorprender á audiencia.
Celébrase a V edición os días 28 de febreiro e 1, 2 e 3 de marzo de 2019 nas instalacións do centro comercial Área Central cun horario ininterrompido de 10:00 a 20:00 horas.
Levaranse a cabo as seguintes actividades:
Actividades
- Taller de bateo de ouro, impartido polo enxeñeiro de minas Iñigo Orea (tódolos días).
- Taller de identificación de minerais, polo xeólogo Francisco Canosa (tódolos días).
- Talleres de fluorescencias por Javier Miranda e Francisco Canosa (tódolos días).
- Demostracións de xoiería en prata por Soledad Mato (tódolos días).
Charlas
Xoves- 10.15 h. Mineral Tales, pola Escola de Enxeñaria de Minas e Enerxía da Universidade Vigo.
- 11.00 h. A invención da Gallaecia e a minaría romana do ouro, polo xeólogo Oscar Pazos.
Venres
- 10.15 h. Proxecto Xeoparque de Cabo Ortegal, por Francisco Canosa.
- 11.00 h. A invención da Gallaecia e a minaría romana do ouro, por Oscar Pazos.
Sábado
- De tarde: Proxecto Xeoparque de Cabo Ortegal, por Francisco Canosa.
Exposicións
- Museo de minerais de Porriño.
- Museo de Historia Natural de Santiago.
- Micros de Galicia, dous coleccionistas Carlos Rodríguez e Moisés Núñez.
Mesa de intercambio para profesionais
- Sábado de 16.00 a 20.00 h.