Nesta X edición participaron máis de 150 estudantes na edición rexional de Pontevedra que se celebrou o 13 de febreiro na EEME. Pola tarde, investigadores e profesores da EEEM organizaron unha serie de actividades para amosar a estes xoves un pouco dos nosos graos.
Investigando microscópicamente a arte urbana polo noso estudante de doutoramento Enrique Alonso Villar.
Arte, minerais e falsificación: ¡A min non me engañas! Seminario impartido polo nosa profesora Teresa Rivas Brea.
Paleontoloxía 3D: fotogrametría e realidade aumentada, impartida por Manuel García Ávila, presidente da Asociación Paleontolóxica Galega e estudante de doutoramento da Universidade de Vigo. Manuel estivo acompañado por Iván Rodríguez, estudante de doutoramento da Universidade de Vigo. Neste seminario os estudantes asistentes á X Olimpíada de Xeoloxía mediante a aplicación de realidade aumentada PaleoReality (totalmente gratuíta e descargable en Play Store) visualizaron as reconstrucións en vida dalgúns organismos do Cámbrico e do Ordovícico. Ademais, mediante o programa Carboniferous Forest Simulation, visualizouse unha reconstrución dun bosque do Carbonífero. As reconstrucións 3D feitas a partir da fotogrametría visualizáronse mediante a web Sketchfab.
Realidade aumentada, presentada polo noso estudante de doutoramento Jesús Balado.