A Universidade de Vigo, conta cunha Área de Imaxe que ten como propósito asesorar á comunidade universitaria para o correcto uso dos símbolos gráficos que representan a institución.
A Imaxe Corporativa pretende definir as liñas visuais que marquen a nova imaxe da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía establecendo unhas recomendacións co obxectivo de dotar de coherencia a comunicación da institución.
A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía conta cun logotipo e un símbolo, que a identifican.
Elementos gráficos
O logotipo consta do nome da escola, en tipografía “New Baskerville” e coa cor correspondente ao campus de Vigo, sobre o logotipo da Universidade.
O símbolo é un elemento gráfico que identifica á escola, pero non substitúe nin acompaña ao logo. Está formado pola contracción “Eme” baseado na tipografía “Campus” e deseñado especificamente para este centro.
O símbolo e logotipo non se deben reescribir en ningunha outra tipografía e cada vez que se usen, deben ser un dos arquivos orixinais.
Descargar Elementos Gráficos (logos e Símbolos)
Tipografías
As tipografías corporativas utilizadas pola Universidade de Vigo son:
- “New Baskerville”: tipografía principal.
- “Campus”: deseñada especificamente para a Universidade de Vigo na que cada letra consta dez liñas que representan os tres campus e as sete liñas de actuación do Plan Estratéxico da Universidade.
Para descargar calquera das tipografías hai que poñerse en contacto coa Área de Imaxe da Universidade de Vigo.
Cor
A Universidade de Vigo utiliza un código de cor para representar as diferentes áreas da institución. A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía emprega o azul correspondente ao campus de Vigo.
- Pantone 306 c
- CMYK: 75/0/8/0
- RGB: 0/148/224
Documentos Básicos
Para facilitar a implantación da nova imaxe, póñense a disposición dos membros da escola unha serie de documentos básicos que facilmente se poden personalizar.
Descargar Documentos Básicos (Cabeceira, Carta, Presentación, Signalética)