A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía participa nos programas de mobilidade institucionais apoiando a saída do estudantado propio e acollendo ao estudantado externo (nacional e internacional)
A organización das materias nas diferentes titulacións do centro, na que a optatividade circunscribese ao cuarto curso fai prever que será precisamente nese momento do seu percorrido curricular cando o estudantado estará en disposición de aproveitar axeitadamente as posibilidades de complementar os seus estudos que a mobilidade proporciona.
A estrutura absolutamente semestral que foi adoptada para o plan de estudos debe de servir para facilitar a mobilidade dos estudantado, ao dar a posibilidade de que os mesmos opten, para os sus periodos de estadía noutras universidades, por unha temporalidade anual ou semestral segundo as súas diversas circunstancias persoais.
A mobilidade do estudantado está centrada nos programas SICUE, no ámbito nacional, e ERASMUS, no ámbito europeo, con algunha outra oferta máis puntual de intercambio con outros ámbitos xeográficos máis directamente xestionada dende a Universidade de Vigo (programa ISEP có continente americano, Convenios bilaterais).